O CV Ribeira Sacra suma outro éxito ao proclamarse campión galego cadete feminino

Foto de familia dos equipos participantes en Monforte no Campionato Galego de Voleibol Cadete, o pasado 14 de maio. (Foto: FGVB).
Foto de familia dos equipos participantes en Monforte no Campionato Galego de Voleibol Cadete, o pasado 14 de maio. (Foto: FGVB).

•O pasado 14 de maio, o CV Ribeira Sacra conseguía un novo triunfo en Monforte ao acadar o Campionato Galego na modalidade cadete feminino.

TORNEO NA PINGUELA
A competición comezou forte, cun intenso partido entre as anfitrionas e o Jealsa Boiro Voleibol, que rematou co triunfo das monfortinas. Na segunda semifinal, enfrontáronse no pavillón de A Pinguela o Xuvenil de Teis e o CV Liceo, do que saíron finalistas as pontevedresas. Na final, as monfortinas dominaron con contundencia en boa parte do xogo, aínda que a xogadora do Xuvenil de Teis Sara Urrea, que foi MVP do torneo, conseguiu acortar distancias e sumarlle emoción ao partido. Finalmente, o CV Ribeira Sacra conseguiu a vitoria, o que lle dá acceso a disputar o Campionato de España entre o 15 e o 19 de xuño en Castellón.
Este éxito das cadetes do CV Ribeira Sacra súmase ao conseguido polas compañeiras da modalidade infantil, que tamén se proclamaron campionas galegas hai un mes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As XXIX Xornadas da Rota do Románico continúan no mes de xuño

Seguinte Nova

O trío junior do club Neka sitúase no primeiro posto no ranking da selección española de taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: