Presentado o Programa Deportivo de Verán 2016 do Concello de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, na presentación do Programa Deportivo de Verán 2016 do Concello de Monforte. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, e o técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, na presentación do Programa Deportivo de Verán 2016 do Concello de Monforte. GPCM.

• O Concello de Monforte presentou o Programa Deportivo de Verán 2016, con actividades durante xullo e agosto. As inscricións poden realizarse nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, situadas nas Casiñas da Compañía.

CAMPUS DE XIMNASIA RÍTMICA
O Campus de Ximnasia Rítmica, organizado polo club Quicela, desenvolverase para nenos e nenas a partir de 5 anos, do 27 de xuño ao 3 de xullo, nas instalacións da Pinguela.

CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN EN DÚAS QUENDAS NO MES DE XULLO
O Campamento Deportivo de Verán desenvolverase do 1 ao 31 de xullo, en dúas quendas de 15 días, con horario de 10 a 14 horas, para idades entre 5 e 14 anos. Durante o Campamento, que se desenvolverá nas instalaciíons deportivas de A Pinguela, realizaranse actividades multideportivas, con talleres, hípica ou piragüísmo, entre outras modalidades. Ofértanse 125 prazas para cada turno, cun prezo por quincena de 51,75 euros sen transporte, e de 67,28 euros con transporte, aínda que hai un desconto do 50% para familias numerosas. O prazo de inscrición está aberto dende o 9 de xuño, ata esgotar as prazas.

II DEPOR CAMPUS MONFORTE DO 25 AO 29 DE XULLO
En xullo tamén terá lugar o II Depor Campus Monforte, do 25 ao 29, nas instalacións dos Escolapios, organizado polo R.C. Deportivo e o C.P. Calasancio, coa colaboración do Concello de Monforte. O Depor Campus está destinado a idades entre 6 e 14 anos, cun horario de 10 a 14 horas. O prezo é de 120 euros, con diversas bonificacións.

CURSOS DE TENIS EN XULLO E AGOSTO
Entre xullo e agosto celebraranse os cursos de Tenis, os martes e xoves entre as 10 e as 13 horas, con sesións de 1 hora en grupos reducidos, para idades entre 6 e 12 anos. O programa oferta 30 prazas ao mes, cun prezo por persoa e mes de 20,70 euros, cun desconto do 50% para familias numerosas. Cada alumno deberá levar a súa propia raqueta. A formación de grupos por idades comunicarase unha vez pechadas as inscricións. Cada grupo recibirá unha hora de clase os martes e outra os xoves. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas.

ACTIVIDADES GRATUÍTAS AO AIRE LIBRE
O Concello de Monforte organiza as actividades físicas ao aire libre, do 4 de xullo ao 12 de agosto, no Parque dos Condes e no Malecón. Este programa, de carácter gratuíto, inclúe tai chi, ioga e zumba, con monitores, e en horario de mañá e tarde. Non é precisa inscrición.

A INSCRICIÓN NO CAMPUS DO CELTA ÁBRESE O 20 DE XUÑO
Tamén en agosto terá lugar o X Campus de Fútbol Cidade de Monforte, organizado polo Concello de Monforte e a Fundación R.C. Celta de Vigo. Desenvolverase do 1 ao 5 de agosto, de 10 a 13 horas, no campo municipal Luis Bodegas. O Campus está dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos. Ofértanse 100 prazas, cun prezo por persoa de 26,91 euros, cun desconto do 50% para familias numerosas. As inscricións ábrense o 20 de xuño.

CAMPUS DE VOLEIBOL RIBEIRA SACRA
O III Campus de Voleibol, organizado polo Club Voleibol Ribeira Sacra de Monforte, será do 8 ao 12 de agosto, de 10 a 13,30 horas, para nenos e nenas con idades de 8 a 15 anos. Desenvolverase no pavillón municipal da Pinguela. O prezo é de 30 euros por persoa.

V CAMPUS DE BALONCESTO CIDADE DE MONFORTE
Tamén en agosto terá lugar o V Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, organizado polo Concello e o C.B. Val de Lemos. O campus desenvolverase do 22 ao 26 de agosto, de 10 a 13 horas, no pavillón municipal da Pinguela. O prezo é de 18 euros por persoa, con desconto do 50% ás familias numerosas. As inscricións ábrense o 27 de xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo e APEC presentaron o primeiro estudo sobre o parque de vivendas da provincia

Seguinte Nova

SARRIA CELEBROU O II CAMPIONATO ESCOLAR INTERCENTROS DE BEISBOL.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss