• O pasado 1 de xuño, o Goberno local de Sober sacaba adiante os presupostos para este ano, cun total de 2.350.000 euros, o que supón un incremento de 400.000 respecto ao pasado exercicio. Según destacou o alcalde, Luis Fernández Guitián, estas contas “priman o gasto social e as inversións”.
PARTIDA ESPECIAL PARA A ESCOLA DE TEATRO E AS ORGANIZACIÓNS MUSICAIS
O rexedor popular explicou que “contamos cunha importante partida social, algo máis de 500.000 euros, na que se inclúen as axudas no fogar, un capítulo para emerxencia social, e mantéñense as becas de transporte universitario”. Guitián estacou que se reserva, por vez primeira, unha partida para a Escola Municipal de Teatro, así como un capítulo para colaboracións coas organizacións musicais do Concello, e a compra dun piano de cola para o Auditorio da Casa da Cultura.
“ORZAMENTOS IMPORTANTES ONDE PRIMAN AS PERSOAS”
Con cargo ao capítulo do gasto social, Fernández Guitián precisou que haberá tamén obras de mantemento para a gardería, a Casa da Cultura e o ximnasio. “Son uns orzamentos importantes onde priman principalmente as persoas, con 14 auxiliares de axuda a domicilio para o ano 2016”, suliñou o alcalde.
INVERSIÓNS
Serán 800.000 euros o importe que o Concello de Sober destine a “actuacións en todas as parroquias, primando o rural”. Fernández Guitián explicou que esta partida inclúe convenios extraordinarios coa Deputación de Lugo e con axudas directas da Xunta de Galicia”.O alcalde destacou a partida de 117.000 euros para o mantemento de camiños, dos que 98.000 son aportados polo Plan de Camiños Rurais da Xunta, e o resto por fondos municipais.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS POLA DEPUTACIÓN DE LUGO
Fernández Guitián explicou que este ano, os cartos do Plan de Obras e Servizos vaise destinar en Sober a obras de saneamento. “Temos 75.000 euros, máis 70.000 dun convenio coa Deputación; acometeremos a sinalización de núcleos, que estamos a facer xa, a reparación de unidades no Centro Sociocultural, ou a creación dun aula de novas tecnoloxías, tamén con cargo a unha partida subvencionada nun 95% pola Deputación”.
MÁIS NOVIDADES
Guitián precisou que os orzamentos destinarán 50.000 euros a mellora de accesos a viñedos, e 20.000 para a creación e dotación dun albergue municipal. Outros 40.000 euros irán para abrir áreas biosaudables e infantís. Guitián adiantou que o Concello quere adquirir o edificio da antiga Cámara Agraria, así como comprar terreos para facer unha área de autocaravanas e poñer en valor o Castro de Sober.•