• Do 13 ao 15 de xuño, un total de 40 técnicos municipais de varios Concellos da provincia participaron na acción formativa “Lei do Solo en Galicia 2016”, ofrecida pola Deputación de Lugo. Segundo explicaron os responsables provinciais, este curso tiña como obxectivo que os técnicos municipais coñeceran os cambios que introduce esta normativa, e saiban como vai a influír no desenvolvemento e na planificación económica dos Concellos da provincia de Lugo.
O curso foi impartido por reputados expertos na materia, como o profesor da Universidade da Coruña, Juan Raposo Arceo; o arquitecto municipal de Teo, Ignacio Soto González, e o subdirector da APLI, José María Domínguez Blanco.
A iniciativa de organizar este curso xurdiu logo do éxito de convocatoria que tivo a Xornada de Urbanismo na Provincia de Lugo, organizada pola Deputación o pasado mes de maio, e na que se afondou na incorporación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia. Esta xornada contou coa participación de máis de 250 persoas.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de anunciar o inicio das obras
A actuación completa a mellora do firme levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€