• A comezos deste mes, a Asociación Veciñal do Saviñao presentou un escrito dirixido á alcaldía do municipio, para dar solución aos problemas existentes de barreiras arquitectónicas para acceso a persoas con mobilidade reducida aos locais públicos. No escrito, a Asociación solicita “o axeitado remate da única praza de aparcamento reservada na Praza Maior”, cunha rampa na beirarrúa. Ademais, piden que se fagan rebaixes nas beirarrúas dos pasos de peóns para facilitar o acceso en cadeiras de rodas. Según o escrito, esta rampa de acceso precisaríase na Praza Maior, no final da Avenida de Buenos Aires en Cabreira, nos dous pasos de peóns do lado dereito da rúa Xan de Forcados, nos dous pasos que hai detrás da Devesa, e nos dous últimos da rúa Pardo Bazán. Tamén demandan habilitar prazas de aparcamento nos lugares próximos aos edificios do Auditorio, Centro de Saúde e Pavillón Polideportivo. Por último, a Asociación Veciñal do Saviñao solicita que se instale un elevador na Biblioteca Municipal, xa que os espazos utiles están instalados no primeiro andar.
Ademais de solicitar “maior implicación” do Concello na cobertura destas carencias “para facilitar a vida cotiá ás persoas con discapacidade”, o escrito da Asociación lembra ao Goberno local a “responsabilidade” de cumprir a lexislación vixente sobre accesibilidade e supresión de barreiras.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas