O Concurso Nacional Hípico de Saltos reune en Sarria a máis dun milleiro de persoas

•A Deputación colabora coa organización deste evento, a través das áreas de Deporte e de Cultura

•A área de Deporte da Deputación aporta unha achega de 1.800 euros para a organización do Concurso Hípico de Saltos de Sarria •Dende a área de Cultura do organismo provincial, colaboran coa cesión de pezas de artesanía do CENTRAD que se entregarán como trofeos •Ademais, a Fundación TIC elaborará unha reportaxe do evento para difundir polas redes sociais

Presentación do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria, coa presenza do deputado responsable da Área de Deporte, Pablo Rivera Capón; a deputada de Cultura, Pilar García Porto; a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez; e o organizador do concurso hípico, Jaime Capellá, entre outros. GPDL.
Presentación do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria, coa presenza do deputado responsable da Área de Deporte, Pablo Rivera Capón; a deputada de Cultura, Pilar García Porto; a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez; e o organizador do concurso hípico, Jaime Capellá, entre outros. GPDL.

• Sarria será a capital da competición hípica durante a fin de semana do 8, 9 e 10 de xullo, coa celebración dunha nova edición do Concurso Nacional Hípico de Saltos, proba puntuable para a ruta Astur-Galaica 2016.

RIVERA CAPÓN: “A INICIATIVA CONTRIBÚE A FOMENTAR O DEPORTE E DINAMIZAR A VILA DE SARRIA”
O evento foi presentado en Lugo o pasado día 6, coa presenza do deputado responsable da área de Deporte, Pablo Rivera Capón; a deputada da Área de Cultura, Pilar García Porto; a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez; e o organizador da proba, Jaime Capellá, entre outros.
Rivera Capón destacou o apoio do organismo provincial para a posta en marcha deste tipo de eventos deportivos, “fundamentais” para promover a hípica entre os máis novos, e tamén para facela chegar a todos os públicos. “Sarria será por uns días un auténtico referente do mundo do cabalo, por iso é necesario este tipo de iniciativas, xa que contribúen a fomentar o deporte e dinamizar a vila de Sarria”, destacou o responsable de Deporte da Deputación. Pablo Rivera suliñou o record de participación que está a acadar o Concurso Hípico de Saltos de Sarria na edición deste ano, xa que hai máis de 200 inscritos nas diferentes probas. Rivera Capón precisou que o evento conta cunha achega de 1.800 euros, aportada pola área de Deporte do organismo provincial.

APOIO DA ÁREA DE CULTURA PROVINCIAL AO CONCURSO HÍPICO DE SARRIA
Na presentación do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria, a deputada responsable da área de Cultura, Pilar García Porto, destacou que o seu departamento colabora dende o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) coa cesión de pezas elaboradas polos propios artesáns, e que se entregarán como trofeos para os gañadores. Ademais, a Fundación TIC colabora coa realización dunha reportaxe audiovisual sobre este evento, para a súa difusión nas redes sociais.

Máis de 200 cabalos están inscritos no Concurso Nacional Hípico de Sarria, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo. Arquivo EC.
Máis de 200 cabalos están inscritos no Concurso Nacional Hípico de Sarria, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo. Arquivo EC.

O CONCELLO DE SARRIA SEGUE A COLABORAR CON ESTE CONCURSO, QUE ACADA A TERCEIRA EDICIÓN
Pola súa banda, a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, animou aos lucenses a achegarse á vila xacobea para disfrutar “dun espectáculo impresionante que cada día atrae a máis público”. “Este ano celebramos a terceira edición deste evento, organizado por unha asociación sen ánimo de lucro, e dende o Concello imos apoiar sempre este tipo de propostas que contribúen a dinamizar a vila de Sarria”.

MÁIS DE 900 RESERVAS HOTELEIRAS NA COMARCA
Segundo explicou o organizador do Concurso, Jaime Capellá, a proba pretende dar a coñecer a vila, a comarca e o Camiño de Santiago. Esta edición conta con máis de 200 cabalos inscritos, “e hai máis de 900 pernoctacións reservadas na comarca sarriana para esta fin de semana”. “Queremos que o concurso sexa referente no Camiño de Santiago”.
Este concurso, co que se inicia a Ruta Astur-Galaica 2016, terá como novidade a instalación de pantallas interactivas, e tamén a retransmisión en directo pola canle www.ecuestreonline.es/com, que conta con máis de 12.000 seguidores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Feira Medieval Guímara cumple a súa terceira edición

Seguinte Nova

Quiroga organiza un concurso de foto por Facebook

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss