•A colaboración entre o CB Sarria e a Concellería de Deportes posibilitou a colocación de 4 canastas laterais
• Sarria xa conta con novos equipamentos para mellorar a prática deportiva, sobre todo en baloncesto . Dende finais de setembro, o Novo Pavillón do Chanto conta con catro canastas laterais, situadas ao ancho da pista, que teñen como finalidade permitir o aproveitamento simultáneo do pavillón por dous equipos distintos, que poderán adestrar sen interferencias.
12 EQUIPOS EN 6 CATEGORÍAS
Dende o CB Sarria destacaron a importancia desta novas prestacións, xa que o club sarriao conta con 12 equipos masculinos e femininos que compiten en seis categorías, e que precisan optimizar os recursos das instalacións deportivas para poder adestrar en condicións.
A instalación destas canastas foi posible pola colaboración entre o CB Sarria, e a Concellería de Deportes do Concello de Sarria. •