Monforte, capital cultural no remate do Ano Manuel María e no aniversario cervantino

Inauguración do curso “Literatura e Mecenado no século XVII: Cervantes, Don Quijote e o Conde de Lemos”, coa intervención do alcalde de Monforte, José Tomé, e o coordinador do curso e catedrático da Universidade de Vigo, José Montero Reguera, o pasado 28 de setembro en Monforte. GPCM.
Inauguración do curso “Literatura e Mecenado no século XVII: Cervantes, Don Quijote e o Conde de Lemos”, coa intervención do alcalde de Monforte, José Tomé, e o coordinador do curso e catedrático da Universidade de Vigo, José Montero Reguera, o pasado 28 de setembro en Monforte. GPCM.
• O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario da celebración do curso “Literatura e Mecenado no século XVII: Cervantes, Don Quijote e o Conde de Lemos”, do 28 ao 30 de setembro. Especialistas en diversas disciplinas tomaron parte neste evento, organizado polo Concello de Monforte dentro do programa de actividades conmemorativas do 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes.
ESPECIAL VÍNCULO ENTRE O ESCRITOR E O CONDE DE LEMOS COMO MECENAS
Na inauguración, o alcalde de Monforte, José Tomé, destacou o compromiso do Goberno local coa posta en valor desta efeméride. “Dende o ano pasado xa organizamos diversos actos, e este curso foi a mellor maneira de rematar a programación”, suliñou o rexedor local. Tomé lembrou o especial vínculo entre o escritor Cervantes e o político e mecenas  Pedro Rodríguez de Castro, e rematou coa lectura do poema que o insigne creador compuxo en loubanza do seu protector, o VII Conde de Lemos. “Esta peza constitúe unha das páxinas máis fermosas da literatura española”, precisou Tomé.
Por último, o alcalde de Monforte falou do vínculo entre o escritor e o seu mecenas. “O Conde protexeu ó escritor dunha forma tan especial, que o propio autor deu conta da mesma nos seus escritos; Cervantes estaba procurando a protección dalgún nobre e, despois de intentalo co Duque de Béjar, atopou amparo no Conde de Lemos”, afirmou Tomé. Neste sentido, o rexedor monfortino destacou o potencial da relación entre Cervantes e a cidade do Cabe, “relación que aínda está por explotar”. “O que está claro é que temos un filón literario, cultural, de comunicación e incluso económico”, afirmou Tomé.
“O VII CONDE DE LEMOS FOI O MECENAS AO QUE CERVANTES ADICOU MÁIS OBRAS”
Pola súa banda, o coordinador do curso, José Montero Reguera, lembrou que o Conde de Lemos foi o mecenas ao que Cervantes adicou un maior número de obras, “en concreto, catro, o que evidencia que tiña un afecto moi especial cara o Conde”. Ademais, Montero Reguera gabou a aposta do Concello de Monforte para a realización deste curso, dentro da programación de verán da Universidade de Vigo. O catedrático de Literatura por esta universidade puxo en valor esta iniciativa municipal de impulsar un curso que busca “achegar aos cidadáns as investigacións universitarias sobre Cervantes e don Pedro Fernández de Castro, dende unha perspectiva multidisciplinar, con elementos da historia artística, literaria e de varios campos da cultura”.
OS POPULARES LAMENTAN “A ESCASA PUBLICIDADE” QUE O CONCELLO DEU A ESTE CURSO
O curso sobre Cervantes tamén suscitou críticas dende a oposición municipal. A voceira do Partido Popular en Monforte, Julia Rodríguez, lamentou “a escasa publicidade” que o Concello deu a este curso. “Por culpa da incapacidade do alcalde, perdemos unha extraordinaria oportunidade para poñer en valor o importante vínculo que une a un dos autores máis destacados da literatura universal con Monforte e co Conde de Lemos”, criticou Rodríguez.  •

Monforte pecha o ciclo de celebracións en torno á figura de Manuel María

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Monforte está a acoller este mes os actos finais da programación que leva desenvolvendo este ano en homenaxe á figura do poeta Manuel María, a quen lle foi adicado o Día das Letras Galegas 2016.
A VIDA E A OBRA DE MANUEL MARÍA, EN IMAXES E A TRAVÉS DOS SEUS LIBROS
Ata o 18 de outubro pode verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte a exposición “Manuel María (1929-2004). Beleza, amor e compromiso”, unha iniciativa da Consellería de Cultura en colaboración coa Casa Museo Manuel María, e que está a percorrer unha ducia de municipios de Galicia. Neste mesmo espazo expositivo, o Concello de Monforte organizou a mostra “A obra de Manuel María”, para dar unha visión da obra literaria do poeta chairego afincado en Monforte a través dos fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal. Esta exposición está aberta ata o 3 de novembro.
ENCONTRO LITERARIO E MUSICAL
Tamén o 2 de outubro, o Concello celebrou o segundo gran acto do Ano Manuel María, en colaboración coa Real Academia Galega. Este encontro musical e literario contou coa presenza de literatos e académicos, así como dos escolares dos institutos da cidade, e do Conservatorio de Música.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello coloca a marquesiña solicitada pola veciñanza do barrio do Casar

Seguinte Nova

Seguen en outubro as actividades do programa «Ler Conta Moito» no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: