• A pinacoteca do Colexio Nosa Señora da Antiga acolleu, o sábado 22 de abril, a presentación do primeiro volume da Biblioteca da Mesopotamia. Esta iniciativa, promovida polo escritor Antón Lopo a través da editorial Chan da Pólvora, busca difundir a literatura vinculada á Ribeira Sacra, así como aos seus autores.
A colección iníciase co libro «Contos da Mesopotamia», de Ánxel Fole, que integra 10 relatos ambientados na Ribeira Sacra, cunha introdución a cargo do poeta e ensaísta Claudio Rodríguez Fer.
O proxecto conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, e da Deputación de Lugo, organismo que adquiriu 100 exemplares desta obra para a súa distribución por toda a provincia.•