En marcha ata o 17 de decembro a 11ª edición do Outono Gastronómico

A directora de Turismo de Galicia na presentación do 11º Outono Gastronómico, o 8 de setembro. GPXG
•Dende o 15 de setembro e ata o 17 de decembro, está en marcha a edición número once do Outono Gastronómico. Esta iniciativa, impulsada por Turismo de Galicia, ofrece unha oferta combinada de restauración e aloxamento con prezos especiais en preto de 90 establecementos de turismo rural, 20 deles na provincia de Lugo.
PARA TURISTAS DE FÓRA PERO TAMÉN ORIENTADO AOS GALEGOS
O Outono Gastronómico supón unha «excelente oportunidade» para atraer turistas de fóra da nosa Comunidade, segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen suliñou as posibilidades deste programa para que «os propios galegos poidan descubrir e gozar de paisaxes e comarcas que aínda non coñecen».
OPCIÓNS PENSADAS PARA TODAS AS NECESIDADES
Os establecementos participantes ofrecen dous menús diferentes e específicos desta edición, elaborados con produtos galegos de calidade. Os visitantes poderán escoller unha opción sen pernoita, ou os paquetes de gastronomía e estancia de unha ou dúas noites, así como a opción familiar de gastronomía e estancia de dúas noites con nenos. Todos os paquetes preséntanse en habitación dobre ou individual, con prezos entre os 30 e os 300 euros.
A traxectoria do Outono Gastronómico leva rexistrados preto de 57.000 visitantes, 4.000 deles na edición do pasado ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Concello, Abanca e Afundación para ver en Monforte a exposición fotográfica de Ruth Mathilda Anderson sobre a Galicia dos anos 20

Seguinte Nova

A manifestación en defensa da Área Sanitaria celebrarase o 8 de outubro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: