Raquel López Arias, de novo candidata do PSOE á alcaldía de Chantada

Raquel López Arias, candidata dos Socialistas de Chantada ás eleccións municipais de maio de 2019.

Os Socialistas de Chantada votaron por unanimidade, na asamblea extraordinaria de militantes do 26 de novembro, confiar de novo a Raquel López Arias como cabeza de lista nas municipais de Chantada.

COMPROMISO PARA «REVITALIZAR CHANTADA»
A licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de instituto, única candidata na asamblea, afirmou que os Socialistas de Chantada «somos a alternativa a este goberno do INTA que parece estar canso, sen iniciativa e sen dinamizar o comercio e o turismo, e sen defender os servizos públicos». Raquel López comprometeuse a «revitalizar todos estes aspectos, para facer de Chantada un concello mellor». (Foto cedida). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

100 lucenses en paro beneficiaranse do plan de emprego en hostelería

Seguinte Nova

O 3 de decembro entrará en servizo un novo radar no corredor Nadela-Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss