A Xunta vén de destinar máis de 74.000 a melloras no Centro Sociocultural e na Casa Consistorial de Bóveda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou no libro de honra do Concello de Bóveda, na visita institucional que realizou o 25 de marzo. GPDTL

Bóveda disporá de instalacións públicas melloradas cos últimos investimentos da Xunta no municipio. En concreto, as actuacións beneficiarán ao Centro Sociocultural e á Casa Consistorial, a través das axudas por algo máis de 74.000 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

TRABALLOS CONTRA A HUMIDADE E MÁIS CLIMATIZACIÓN
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo de manifesto en Bóveda, na visita institucional que realizou o 25 de marzo, o apoio do Executivo autonómico aos pequenos concellos. No caso de Bóveda, a mellora no Centro Sociocultural conta con máis de 10.000 euros para a substitución de materiais e o tratamento de humidade no edificio. Así mesmo, destínanse preto de 64.000 euros para a climatización da Casa do Concello.
Rueda lembrou que o Executivo galego leva investido en Bóveda dende 2009 preto de 240.000 euros para o equipamento de zonas verdes, melloras no saneamento, pavimentación de accesos e camiños, e obras de mellora da eficiencia enerxética, entre outras accións. O vicepresidente salientou a importancia destas achegas para levar adiante obras que “doutro xeito, serían moi difíciles”, e que “contribúen decisivamente á mellora da calidade de vida dos veciños”.

MÁIS CARTOS PARA AXUDAS ESTE ANO
Alfonso Rueda puntualizou que este tipo de axudas veranse incrementadas nos Orzamentos deste ano ata nun 30%. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“Novos Personaxes” da pintora lucense Carmen Prado visitan o Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Semente de Monforte premiou un sistema de detección de alérxenos en alimentos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: