Monforte celebrou o Día da Muller Rural apostando polo emprendemento

Os obradoiros do programa de apoderamento da muller rural en Monforte comezaron o 13 de setembro. GPCM

O 15 de outubro celebrouse o Día Internacional da Muller Rural, e con este motivo, a Concellería de Igualdade de Monforte puxo en marcha un programa formativo. Organizado a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Monforte, e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta, a cidade do Cabe está a acoller, dende mediados de setembro, o programa «Mulleres Mudando o Rural», para impulsar o apoderamento e a mellora da empregabilidade das mulleres no eido rural.

OBRADOIROS TEMÁTICOS ATA DECEMBRO
O programa, que comezou o pasado 13 de setembro, estrutúrase en varios obradoiros temáticos, impartidos pola asociación Sustínea de Ourense, que traballa co desenvolvemento sostible e o apoderamento integral da muller rural. As sesións, que teñen lugar de 9:30 a 13:30 no Centro Cívico do Malecón, suman 20 horas lectivas. O 10 de outubro tivo lugar un obradoiro sobre orientación laboral, recursos e entrevistas, temática que se completará no obradoiro do día 17.
O 21 de novembro celebrarase o obradoiro adicado a recursos sociais, xurídicos e dixitais. A derradeira sesión está prevista para o 4 de decembro, que servirá de reflexión sobre a figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse nas oficinas do CIM no propio Centro Cívico do Malecón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Luis Fernández Guitián, reelixido presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Galicia, a primeira comunidade que ofrece a vacina tetravalente celular da gripe a grupos de risco

Últimas noticias sobre EVENTOS

Campamentos de Verán

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron

A %d blogueros les gusta esto: