Detectados 239 novos contaxiados, o que supón un incremento do 2,4%, tralo relaxamento nas medidas de desconfinamento.
Según os datos da Xunta, que volven a ser diferentes dos aportados polo Ministerio, en Galicia produciuse un importante repunte nos casos detectados, 239 o que supón un incremento de 2,4 %. No se rexistraba una cifra tan alta de novos casos dende o 5 de abril. Este negativo dato ten lugar aos poucos días de que se relaxasen as medidas de desconfinamento. Haberá que estar atento á evolución nos próximos días deste índice de contaxios, porque de consolidarse, quedaría claro que o chamado plan de desescalada estaría xa en cuestión cando nin sequera transcorreo a Fase 0.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 107.957.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,8% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia N.S da Esperanza (Ourense).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.