•O importe financiará a reforma do local social desta asociación

A Deputación continúa a renovar os convenios de colaboración que mantén con diversos colectivos da provincia. A finais de outubro, celebrouse en Lugo a sinatura do acordo entre o organismo provincial e a Asociación Monfortina Amigos do Ferrocarril (AMAFER). Na xuntanza, participaron o presidente da Deputación, José Tomé, e o presidente de AMAFER, Fermín Avellaneda.
MÁIS ESPAZO NA SEDE SOCIAL
Mediante este convenio, a Deputación achega 10.556 euros para facilitar a ampliación e reforma das instalacións que AMAFER ten no primeiro andar do edificio que acolle a Estación de Ferrocarril de Monforte. Segundo informaron dende a Deputación, o arranxo permitirá á Asociación contar con máis espazo para o desenvolvemento das súas actividades. •