O GOBERNO SACA A LICITACIÓN A REFORMA INTEGRAL DO CENTRO DA SEGURIDADE SOCIAL DE MONFORTE

Recreación virtual da fachada prevista para a oficina da Seguridade Social de Monforte.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións ven de sacar a licitación a obra de remodelación integral do seu centro de atención e información ao público en Monforte, que dá servizo a 55.000 persoas, cunha inversión prevista de 545.625 euros, coa que se pretende actualizar as instalacións dun centro de atención á cidadanía que estaban moi deterioradas, con serios problemas de humidades e climatización motivados polo mal estado do seu illamento. O director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude explicou na súa visita a Monforte, que se trata dunha intervención necesaria para mellorar o estado dunhas dependencias que non foran obxecto de ningunha obra dese a súa apertura en 1990. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

REALIDADE AUMENTADA PARA POTENCIAR MONFORTE E O CAMIÑO DE INVERNO

Seguinte Nova

O PP reclama o “desbloqueo” da conexión do Porto Seco de Monforte coa Nacional 120

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Pili Chaos

Fotógrafa e curiosa por natureza, Pili Chaos inaugura o vindeiro 1 de abril a súa exposición «Emoción en clave», que aborda a
Ir aInicio

Don't Miss