Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico

O titular do Goberno galego participou, xunto cos presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León, na reunión de traballo sobre financiamento autonómico. GPXG.

• Redacción- MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou, o Foro Santiago. Camino de consenso como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos Next Generation cheguen á economía real. “Hoxe presentamos un documento con vocación de permanencia e que construímos oito presidentes que representamos máis do 60% do territorio do noso país”, dixo, apelando ao papel da política útil que achega solucións.

PUNTO DE ENCONTRO PARA CONSTRUIR
Nesta liña, Feijóo incidiu na súa intervención en que esta xuntanza -na que participaron tamén os presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León-, lonxe de ser unha fronte contra ninguén é un punto de encontro para acordar e construír; ”algo que é bo para as comunidades, para o conxunto de España e para a política, porque se trata de sumar e non de enfrontar, de defender xuntos aquelo que nos une e de enfocar conxuntamente os problemas que son similares en todas as terras que compoñen España”, abundou.

A CUESTIÓN
DEMOGRÁFICA COMO PRIORIDADE
Referiuse como un dos asuntos de gran calado estrutural para o futuro, á necesidade de que a cuestión demográfica sexa unha prioridade institucional, con medidas para promover o retorno daqueles españois que emigraron; ademais de favorecer o desenvolvemento sostible nas zonas rurais, “porque isto é garantir miles de empregos e a despensa do conxunto de España”.

SISTEMA DE
FINANCIAMENTO
CONSENSUADO
No tocante a un sistema de financiamento consensuado, Feijóo demandou que se teña en conta o custo real dos servizos, como a sanidade ou a educación, e factores que os encarecen como a dispersión ou o avellentamento. Máis polo miúdo, no eido sanitario destacou a necesidade de valorar de xeito adecuado o impacto de cada grupo de idade, prestando especial atención aos maiores de 65 anos.

NEXT GENERATION
En terceiro lugar, sobre os fondos europeos Next Generation, o presidente da Xunta incidiu na importancia de que se cumpran os acordos da Conferencia de Presidentes: “Que se transfiran o 50% dos fondos e que cheguen á economía real, ás pequenas empresas, é dicir, ao conxunto do noso sistema produtivo”, explicou.

UTILIDADE DO FORO
Feijóo concluíu reivindicando novamente este foro cuxo único obxectivo, dixo, é ser útil: “Porque demostra que os políticos podemos poñernos de acordo en temas importantes; porque oito comunidades distintas, con presidentes distintos, de tres partidos distintos, somos capaces de firmar un documento único; e porque as medidas non só benefician aos cidadáns destas comunidades senón ao conxunto dos españois”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mentres o BNG mantén as concentracións para evitar perder máis médicos, a Xunta reitera que manterá as tres prazas de facultativo de atención primaria en Pantón

Seguinte Nova

FÚTBOL: A SD Sarriana cae na súa visita a As Pontes, e Club Lemos e At. Escairón, sofren severas goleadas fronte a Betanzos e San Tirso.

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss