





Como outras tantas feiras e festas da comarca, tamén está de volta a Feira Outrora de Rubián, en Bóveda, e fíxoo en plena onda de calor. O habitual nestas datas é ter calor, pero, certamente facía moitos anos que non se alcanzaban estas temperaturas. Con todo, isto non foi óbice para que desde primeira hora da mañá, os 13 artesáns pertencentes á Fundación Pública Artesanía de Galicia abrisen as súas portas, e a ritmo de motoserra comezasen as diversas actividades programadas: música e animación, a demostración de Santi Almuiña cociñando Ternera Galega Suprema, unha mostra de showcooking que contou coa presenza do Alcalde de Bóveda Jose Manuel Arias e a deputada autonómica Raquel Arias. Houbo tamén obradoiros para todos os públicos de cianotipia e de papel marmolado sen que faltase a Festa da Espuma para os máis pequenos. Ademáis dos tradicionais postos de polbo á feira, nos que se deixaron caer moitos comensais.•