Investimento en eficiencia enerxética

Javier Arias e Katy Varela con mebros de equipo directivo do IES Río Cabe de Monforte. (Foto GPXG).

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de licitar por 441.237 euros obras de mellora da eficiencia enerxética no Instituto de Educación Secundaria (IES) Río Cabe de Monforte. O delegado territorial da Xunta en Lugo,
Javier Arias, visitou o centro para abordar con membros da directiva os detalles do proxecto, que se centra na substitución de toda a carpintería exterior -salvo algunhas ventás do segundo andar que xa foran renovadas recentemente – por outra con maiores prestacións de estanquidade que incorporarán perfís de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro illante. Ademais, renovaranse as persianas. No tocante á fachada, actuarase na parte superior das carpinterías que se mudan, coa instalación de illamento termo-acústico. Así mesmo, procederase a pintar os paramentos verticais que se vexan afectados polas obras.
As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o próximo 29 de xullo. Unha vez que se formalice o contrato, o prazo estimado de execución dos traballos será de tres meses.

COMPROMISO COS CENTROS EDUCATIVOS DE MONFORTE
Tamén subliñou o compromiso da Xunta cos centros educativos de Monforte de Lemos e destacou as actuacións máis recentes, como a reforma e ampliación do IES A Pinguela, na que se investiron 230.000 euros -; ou a rehabilitación integral do Centro de Educación Especial (CEE) Infanta Elena, cun orzamento aproximado de 900.000 euros. Ambas obras finalizaron o ano pasado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello mellorará a Rede Xeral de Abastecemento de auga da cidade

Seguinte Nova

VI Ruta Xacobea Yakart Camino de Santiago

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: