• Foi o alcalde José Tomé Roca quen fixo a presentación dunha edición, que de non ser polo parón de dous anos durante a pandemia, este ano cumpliría a súa vixésima edición

Unha frase que repetimos moi frecuentemente é o rápido que pasa o tempo. Gardel dicía que vinte anos non é nada, pero se se pensa un pouco, case é unha eternidade. O 19 de abril de 2003 Monforte celebraba a primeira edición da Ferie Medieval. Por aquel entón, o alcalde era o popular Nazario Pin, e a achega do concello á Feira era de 5.000 €. Nada parecía facer presaxiar o éxito desta feira, e o seu importante crecemento nestes vinte anos, pois moitas cousas cambiaron. A Feira Medieval veu pasear vestidos para a ocasión a un alcalde nacionalista, Severino Rodríguez, e ao actual socialista José Tomé. O orzamento do pasado ano, achegouse aos 90.000 €. E o número de visitantes á feira creceu enormemente, sendo, posiblemente una das celebracións festivas máis importantes do ano en toda a comarca.
Agora, ás portas dunha nova edición, que non será a vixésima por culpa dos dous anos de parón da pandemia, senón a XIX, o Alcalde José Tomé Roca vén de presentar o cartel anunciador e o vídeo promocional. O cartel foi deseñado conxugando varios elementos que para nós son claramente centrais da nosa feira como son a TAU, A Torre da nosa Muralla Medieval, armaduras e xustas medievais, que transmiten toda a forza dos defensores da Fortaleza de San Vicente do Pino, recuperando esta imaxe para a feira medieval.
O vídeo corporativo foi novamente feito pola produtora local Amanita Studio.
A proposta xira en torno a un rei que afouta ó seu pobo a unirse a unha das festividades máis importante que se celebra en Monforte. Cabe poñer en valor, e moito, que o actor que da vida ó rei é Borja Luna, un dos actores máis importantes do panorama español que destacou polo seu papel na serie de Netflix (Las chicas del Cable) , pola súa participación en filmes tan importantes como Animales sin Collar ou Salvajes, el cuento del lobo e que ademáis , non pode estar máis de actualidade xa que o vindeiro 17 de Marzo estrea Sin huellas a última serie de Amazon Prime.
O Alcalde explicou que “con esta cartel e con este vídeo queremos facer unha campaña igual de intensa que a que fixemos no pasado ano 2022. Con estes dous elementos e a difusión que lles imos dar queremos que a xente inclúa a Feira Medieval dentro da súa previsión de descanso e de ocio para as vacacións de Semana Santa e que contemplen a Monforte como un posible destino vacacional”.
O rexedor subliñou que “como facemos con todos os eventos, dende o equipo de goberno levamos tempo preparando esta nova edición da feira medieval e mantivemos contactos e reunións preparatorias con asociacións, colectivos, comerciantes, artesáns e hostaleiros para que coa axuda de todos eles, compoñer un programa do que vai saír a XIX edición da Feira medieval de Monforte”.
Unha boa mostra de que o traballo de promoción que se fixo dende o Equipo de Goberno deu bos resultados é que este ano hai mais de 150 solicitudes para a instalación de postos o que supón un número moi alto en relación con eventos doutras cidades, sendo o mais elevado de todas as edicións anteriores da Feira Medieval de Monforte.
Isto pon de manifesto que a Feira Medieval de Monforte sigue sendo un referente dentro do calendario de eventos de Galicia, que interesa participar nela e que polo tanto, tal e como dixo o Alcalde, “estamos seguros que se seguirá consolidando cada ano mais”. •