O Concello de Monforte anuncia o inicio dos trámites para a creación dun área recreativa e unha praia fluvial

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada Fernández, no acto de presentación. Foto GPCM

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada Fernández, deu a coñecer o mercores, mediante rolda de prensa o inicio do expediente de tramitación para a creación dun área recreativa e unha praia fluvial que vai a ser única en Galicia. Tal e como explicou José Tomé “non hai polo momento ningunha dotación de servizo público de esta índole, nin en dimensións nin en prestacións en Galicia”
Tal e como explicou o rexedor, o proxecto afectará a unha superficie total de mais de 116.000 m2 que estará formado por zonas diferenciadas de descanso e lecer, con características tamén diversas para poder abarcar os gustos desiguales dos visitantes e usuarios. Trátase por tanto dunha dotación complexa e completa que tal e como explicou o Alcalde “vai facer realidade unha aspiración de todos os monfortinos e que ata o de agora ninguén acometera”.
As actuacións consistirán na montaxe dunha azud desmontable (presa), para facilitar o baño, cunha altura aproximada sobre a cimentación de 1,20 m. Este azud estará en servicio dende a primavera ata outono e retirarase na época de choivas para evitar posibles inundacións.

PRAIA FLUVIAL
Construirase unha praia fluvial cunha superficie de área que supera os 14.000 m2, cunha fachada ao río de 280 m de largo e un ancho aproximado de 50 m. Terá varios accesos á zona de baño para poder entrar e saír da auga.
Haberá tamén dúas zonas verdes, unha mais axardinada con céspede, pegada á zona de area da praia fluvial cunha superficie de 20.000 m2, e outra con pradeira mais distanciada para zona de paseo e descanso de preto de 48.000m2.
Na zona de actuación construirase un estacionamento para vehículos con capacidade para 366 automóbiles que terá unha superficie de 19.000m2. En todo o ámbito de actuación da área recreativa construiranse paseos peonís que recorren o perímetro da mesma, cruzando tamén polo centro. Son paseos de 3 metros de anchura que teñen unha lonxitude de 2.360 metros lineais e unha superficie de algo mais de 8.800 m2.
Estes paseos contarán con iluminación mediante puntos de luz de tecnoloxía LED. Xunto á zona de estacionamento, construirase un parque infantil nunha superficie de 1.200 m2.

EDIFICACIÓN PARA USO HOSTELEIRO E ASEOS XERAIS.
Esta edificación construirase en planta baixa, con unha superficie aproximada de 825 m2. Estará situada aproximadamente no centro da zona de actuación entre a zona de baño e a zona de estacionamento e ao lado do parque infantil.
Nesta edificación situarase unha cafetería-restaurante ademais de zonas de almacén e aseos para o público en xeral. Tamén haberá unha edificación de planta baixa para uso de almacén e nela situaranse os vehículos e ferramentas necesarios para o mantemento da zona.

PECHE PERIMETRAL
A zona de actuación contará en todo o seu perímetro con un peche de malla electro soldada plastificada de 2 m de alto sobre postes de aceiro, excepto no linde co Río Cabe.

CAMIÑO EXTERIOR
Para manter as boas comunicacións na zona onde se ubique a área recreativa habilitarase un camiño publico con bo firme que sirva de aceso ás fincas colindantes.

ACOMETIDAS DE SERVIZOS
No plan especial e posteriormente, no proxecto construtivo que se elabore, contarase cos servizos necesarios de electricidade, abastecemento, saneamento e telecomunicacións.
Estas instalacións conectaranse ás redes xerais existentes establecendo sistemas de bombeo si fose preciso.
MOBILIARIO URBANO
En todo o ámbito de actuación colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano, bancos, papeleiras ou fontes, para uso dos usuarios das instalacións.

ENERXIAS RENOVABLES
Crearase un punto de produción de enerxía eléctrica mediante paneis solares fotovoltaicos que se conectarán á rede do complexo e proporcionarán unha boa parte da enerxía eléctrica que se consuma.
José Tomè rematou a súa intervención informando aos medios de comunicación de que “o custe estimado dos traballos técnicos elaborados ata o momento para acometer esta área recreativa e praia fluvial, ascende a 5.023.818,08 € o que da unha boa mostra da importancia da actuación que se vai acometer” e puntualizou que se van a precisar dous permisos, un da Confederación Hidrográfica e outro de Medioambiente ou do Instituto da Paisaxe da Xunta de Galicia.•

Monforte terá praia, pero cando e onde?

Gonzalo L. Torres

Moitas foron as conversacións, sobre todo nas concorridas terrazas de Monforte no verán, que versan sobre o potencial turístico da cidade. E sempre había alguén que, créndose orixinal, lanzaba o consabido, só fáltanos a praia, para ser un lugar perfecto de veraneo. E á vista do recente anuncio, parece que esta tradicional ladaíña deixará de ter sentido. Xa non saltaremos ao ritmo da canción dos Refrescos, Aquí non hai praia. Monforte terá a súa praia, faltaría máis. Pero pongámonos serios, é certo que Monforte foi perdendo cos anos lugares tradicionais de baño nas marxes do Cabe e non é menos certo que o Club Fluvial, aínda que suple esta carencia, faio a un custo que non todo o mundo pode ou está disposto a pagar. Estes feitos, propiciaron unha crecente demanda de zonas de baño no Cabe, que agora parece van ser atendidos. O que non sabemos é nin cando nin onde. Vaiamos por partes. O que agora nos anuncian desde é o inicio do expediente de tramitación. Para materializalo haberá que contar con permisos da Confederación Hidrográfica, informes de Patrimonio, un plan especial, compra de chan privado, etc. Multitude de trámites que están por vir. Respecto ao onde, o alcalde non quixo precisar a localización na que inicialmente prevén levar a cabo esta actuación, textualmente dixo que para evitar calquera tipo de polémica, xa que é un momento sensible suxeito a malas interpretacións. Interpreto que se refire ao período electoral. Aínda que segundo declarou o propio alcalde, este non é un anuncio improvisado motivado polas próximas eleccións, senón que é algo no que levan traballando hai moito tempo. Alguén lembrará o devandito excusatio non petita, pero só os mal pensados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Tomé recibiu á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno, Isabel Rodríguez

Seguinte Nova

Celeste Rodríguez Pombo encabeza a lista dos socialistas no Saviñao

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: