Vén de celebrarse esta semana o encontro territorial do Plan Conecta FP para as comarcas do Terra de Lemos, Chantada e Quiroga, no que un arredor dun cento de persoas, entre docentes e representantes de firmas empresariais e de centros educativos, reuníronse para analizar as necesidades do tecido produtivo da zona e deseñar unha oferta de ciclos e másteres de FP para os vindeiros cursos que permita darlle resposta ás demandas das empresas e, deste xeito, mellorar a empregabilidade dos titulados.
Son case 700 as persoas matriculadas nos 32 ciclos e un máster de FP ofertados polos seis centros que imparten esta ensinanzas nos concellos de Monforte de Lemos, Chantada e Sober. O interese nestas ensinanzas, segundo os datos rexistrados, medrou en máis dun 22,5% na última década.
O evento estivo presidido pola Subdirectora Xeral de Innovación Profesional e coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta Íñiguez. O acto rematou cunha mesa redonda sobre FP, necesidades do sector produtivo, acreditación de competencias e formación profesional dual na que interviñeron Gonzalo López Otero (xerente de Industrias Losal SL), Alberto Fernández Cabo (xerente de Galega de Sofware Especializado SLU), Pilar García Novo (xefa de recursos humanos do grupo Hotusa), Luis Ángel Corral Flores (expresidente da comisión de Acreditación de Competencias do noso centro), Jesús Ángel Noya Beltrán (alumno do ciclo superior de Administración e Finanzas dual), Alejandra Losada Novoa, exalumna do ciclo superior dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web) e Pilar López Noguerol (alumna do ciclo medio dual de Calzado e Complementos de Moda). Moderou Enrique Sampil, director do IES A Pinguela. Houbo un amplo debate sobre a FP, a importancia das prácticas nas empresas para profesorado e alumnos, o que a FP dual supón para o futuro do ensino da formación profesional e outros que completaron o debate.•
Últimas noticias sobre NOVAS TECNOLOXÍAS
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lembra que o prazo de solicitude das axudas autonómicas
O CIAE 112 participa na mellora da coordinación telemática en tempo real, así como nun proxecto
Os nómades dixitais de Ineco prestarán apoio durante as vindeiras semanas á dixitalización de Sober A
Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, mantivo un encontro co alcalde de Ribas de Sil,
O proxecto formativo «Galegas Dixitais», financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación,