Segue en estudo a implantación de novos polígonos agroforestais no Saviñao, Chantada e Paradela

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo esta semana unha reunión cos veciños do Saviñao para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Xesto. Segundo explicou José González, o polígono abranguería unha superficie de preto de 100 hectáreas, distribuídas en 143 parcelas duns 33 propietarios, e proponse dedicar a gandaría en extensivo ou cultivos anuais, fundamentalmente forraxeiros.
Este futuro polígono sumaríase aos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños.

TAMÉN EN CHANTADA
E PARADELA
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, tamén mantiveron reunións cos veciños de Chantada para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Sabadelle. Logo de rematar este encontro e resolver as dúbidas dos asistentes, trasladouse ata o concello lucense de Paradela, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para abordar tamén a posibilidade de crear un polígono na parroquia de Loio.
No caso de Sabadelle, o polígono agroforestal abranguería unha superficie de preto de 39 hectáreas, divididas en 114 parcelas de 80 propietarios. Mentres tanto, no de Loio ocuparíanse unhas 23 hectáreas con 90 parcelas duns 25 propietarios.

CULTIVOS AGRÍCOLAS E VIÑEDOS
Segundo explicou o conselleiro, proponse dedicar estes polígonos a cultivos agrícolas, incluíndo no de Paradela a posibilidade de recuperar antigos terreos dedicados á viña no ámbito da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, co fin de darlle valor ás variedades autóctonas que caracterizan aos viños da nosa comunidade. Ademais, ambos poderían contar tamén con gandaría en extensivo.
Estes futuros polígonos sumaríanse aos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños. Neste sentido, o titular de Medio Rural lembrou que esta é unha das figuras de mobilización da terra agraria, mediante a cal se recuperan grandes áreas de terra potenciando os tres usos de chan -agrícola, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona.
Deste xeito, é unha ferramenta idónea para recuperar a terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, creando actividade agrogandeira, fixando poboación e anticipándonos aos incendios forestais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Abertas as reservas para unha nova edición do Viñobús Vendima

Seguinte Nova

O Saviñao celebrou a II edición da súa Festa da Vendima

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: