Abertas as reservas para unha nova edición do Viñobús Vendima

Foto GPCTRS.

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre as reservas para unha nova edición do xa clásico Viñobús Vendima.
A experiencia, semellante á de edicións anteriores, pretende que os visitantes de Ribeira Sacra teñan a oportunidade de poñerse na pel dos nosos e nosas “viticultores heroicos”. Deste xeito, reprodúcese o que sería un día de vendima tradicional nas pronunciadas ladeiras da nosa Denominación de Orixe.
Comézase a xornada cunha breve introdución e paseo polo viñedo, acompañados dos propios colleiteiros, quen ensinarán as particularidades do chan e das uvas a colleitar.
A experiencia continúa coa organización de traballos e aparellos necesarios para levar á viña, recollida e carretaxe da uva e, posteriormente, os que se animen, poderán pisar os acios como se facía antigamente.
Os participantes tamén terán a oportunidade de realizar unha cata de uvas, mostos e viños, ademais de desfrutar dun pequeno tentempé ao rematar, tal e como se fai nunha xornada habitual de vendima. É unha actividade dirixida a todas as idades e a súa duración é dunha media xornada estendida; inclúe o transporte en microbús, guía especializado en enoturismo e todas as actividades en viñedo e adega. Todos os que participen do pisado tradicional da uva, poderán recibir nos seus domicilios unha botella de viño cando éste estea listo para a súa degustación.
Máis información e reservas https://turismo.ribeirasacra.org/gl/vinobusvendima2023.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Abre a porta da Memoria para conmemorar Xornada Europea da Cultura Xudía

Seguinte Nova

Segue en estudo a implantación de novos polígonos agroforestais no Saviñao, Chantada e Paradela

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss