Merendas con contos en Sober

O Concello de Sober vén de anunciar a reactivación do Programa de Animación á Lectura “Merenda con Contos” para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Este programa está deseñado para fomentar o amor pola lectura entre os máis pequenos e terá lugar dende o mes de outubro de 2023 ata xuño de 2024.

20 PRAZAS OFRECIDAS, CON PRIORIDADE PARA OS EMPADROADOS EN SOBER
As actividades do programa desenvolveranse na Biblioteca Pública Municipal de Sober e terán lugar todos os venres, das 16:30 ás 19:00 horas. Está prevista unha oferta de 20 prazas para os participantes, as cales serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.
Terán prioridade os nenos e nenas empadroados no concello de Sober.
O prazo de inscrición para participar nesta enriquecedora experiencia literaria remata o 4 de outubro de 2023.

INSCRICIÓNS PRESENCIAIS E TELEMÁTICIAS
Os interesados en inscribirse poderán facelo de dúas formas: de xeito presencial, presentando a súa solicitude no Centro Sociocultural das 10:00 ás 12:00 horas, ou de maneira telemática, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello, ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
As actividades darán comezo o venres 6 de outubro de 2023, e o Concello de Sober convida a todos os nenos e nenas interesados a unirse a esta marabillosa aventura literaria no corazón da localidade. A través de “Merenda con Contos”, os participantes poderán descubrir o pracer da lectura nun ambiente divertido e enriquecedor.
Para obter máis información sobre este programa ou sobre o proceso de inscrición, pódese contactar co Concello de Sober nas súas oficinas ou visitar a súa sede electrónica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Peregrinos percorren o Camiño de Inverno

Seguinte Nova

A ubicación para a Área Recreativa e Praia Fluvial será A Lama, en Ribasaltas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss