A oficina móbil para emigrantes retornados achega apoio e asesoramento en Chantada

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo
Varela Rodríguez, durante a visita a Oficina móbil para emigrantes retornados . Foto GPXG.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou o luns día 22 de xaneiro, a importancia da Oficina móbil de atención a emigrantes retornados, destacando o seu papel en achegar información e asesoramento sobre o retorno a calquera punto da comunidade galega. Durante a súa visita á oficina móbil no concello de Chantada, Rueda salientou que «retornar é un dereito, pero somos conscientes de que non é fácil e que se precisa apoio despois de tomar esta decisión valente para poder integrarse e sentirse a gusto desde o primeiro día na que sempre foi a súa terra».

NINGÚN RETORNADO SEN APOIO POR DIFICULTADES DE DESPRAZAMENTO
O obxectivo principal desta iniciativa é garantir que ningún retornado quede sen apoio por ter dificultades para desprazarse ata as cidades. A Oficina móbil percorre o rural galego para resolver dúbidas sobre trámites, cuestións tributarias, sistema educativo, vivenda e para ofrecer asesoramento e orientación laboral personalizada. Este servizo complementa o ofrecido polas sedes físicas da oficina en Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo e Ourense.
Rueda destacou que favorecer o retorno é clave para o futuro de Galicia, sinalando que máis aló do dereito dos galegos no exterior a regresar, este colectivo xoga un papel fundamental no afrontamento do reto demográfico e na construción dunha comunidade máis competitiva. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda instou a recordar que «moitos dos antepasados dos que agora retornan» son aqueles que en seu día tiveron que emigrar, pero que nunca deixaron de sentirse galegos, contribuíndo á construción da «Galicia das oportunidades» que temos hoxe.
O servizo ofrecido pola Oficina Móbil non só alivia o proceso de retorno, senón que tamén fortalece os lazos entre Galicia e a súa diáspora, contribuíndo ao crecemento e á diversidade da comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Manuel Campo Vidal fala da dixitalización das empresas no rural

Seguinte Nova

Pantón acollerá un curso sobre poda de viñedo através da oficina agraria móbil

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: