•O concello de Sarria acolleu unha edición máis da Festa do Cocido de porco celta, organizada pola asociación Serra do Édramo e varios establecementos do municipio en colaboración co Concello, a asociación Asoporcel e Cárnicas Teijeiro. O evento tivo lugar no pavillón polideportivo e a el asistiron máis de 400 comensais repartidos en 32 mesas. O pregón deste ano correu a cargo do xornalista Luis Rial. Pola súa parte, o xantar contou con sopa de cocido como primeiro prato, cocido de segundo e postres e queimada para rematar. Os encargados de amenizar a xornada foron Marica Cazoleira e Pepe Tixolas, ademáis dun grupo tradicional. A principal novidade deste ano foi que os hostaleiros encargados de promover o acto ofreceron tamén aos clientes na súa carta, cocido de porco celta. Ao final do día tamén se sorteou unha cesta con produtos deste animal.
Últimas noticias sobre TURISMO
José Manuel Arias, Alcalde de Bóveda: “As obras previstas teñen por obxecto acondicionar un miradoiro astronómico
Unha oportunidade para descubrir o rico patrimonio románico da provincia A Deputación de Lugo continúa o
O sector turístico da Ribeira Sacra celebra os bos resultados a pesar das adversidades climatolóxicas Desde
Dentro da programación de actividades que con ocasión da Semana Santa preparou o Concello de A
A Guía de Ecoturismo Eólico de Ventos de Futuro, publicada polo selo ‘Nómades’ de GeoPlaneta, destaca