O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que o Concello vén de expedir a licencia de obra para que se inicien os traballos de construción da nova Comisaría da Policía Nacional en Monforte, logo de que os informes dos técnicos municipais validasen o proxecto presentado pola Dirección Xeral da Policía Nacional así como pola Inspectora Xefa de Monforte.
A finais de decembro de 2020, o Alcalde dera a coñecer a conclusión dos trámites entre o Concello de Monforte, o Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía, que supoñían a cesión gratuíta do inmoble municipal, coñecido como a antiga Casa de Socorro, ubicada nos números 73-77 da Avenida de Galicia, para que albergase a nova sede da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Monforte.
Logo desta concesión inicial de licencia de obra, dende a Dirección Xeral da Policía Nacional deberá presentarse, con carácter previo á execución de calquera tipo de obra, o correspondente Proxecto de Execución, que deberá axustarse o proxecto básico presentado. Do mesmo xeito, antes do comezo das obras, tamén se presentarán os oficios de nomeamento da dirección de obra e da dirección de execución material das obras.
O orzamento de contrata desta reforma ascende a 3.369.509,99 euros. •
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro