O balance correspondente a 2011 fala dunha redución do 21% nos accidentes graves, e dun 17% nos accidentes mortais. Estes datos foron aportados polo director xeral de Relacións Laborais da Xunta, Odilo Martiñá, durante a clausura dunha xornada técnica do programa Abrocha-T sobre seguridade laboral, promovido pola CEL. Martiñá sinalou a necesidade de concienciar a empresarios e traballadores de que a seguridade e a saúde laboral “ten que seguir a ser un obxectivo prioritario”, pese a situación actual de crise. O responsable autonómica sinalou que a Xunta está a facer un “esforzo” no eido da seguridade e saúde no traballo, por ser “unha prioridade” para o Goberno galego. En Galicia se está a desenvolver por segundo ano o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014, deseñado e consensuado por todos os axentes do Diálogo Social.
Últimas noticias sobre PORTADA
O director Enrique Sampil valora que este aniversario é unha oportunidade para recordar e recoñecer a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, convocou unha sesión extraordinaria e urxente da Corporación municipal
Convocada unha nova edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra Este ano, o Concurso
O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu, por unanimidade, que o Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra