O PP de Monforte criticou nos pasados días ao goberno local por incumprir un acordo plenario. Os populares reclamaban ao alcalde de Monforte que dera cumprimento ao acordo plenario adoptado grazas á votación dos concelleiros populares e socialistas para limpar os regatos de Navarvelle en Rivasaltas e As Malloadas,para que non se repitan anegacións, sen aceptar como excusa a falta de fonos por parte do Concello. O pasado venres Severino Rodríguez comunicaba que será a Confederación Hidrográfica a que realice esta limpeza como é da súa “competencia exclusiva” e explicaba que os cauces a limpar “estarán delimitados polas posibilidades orzamentarias” da CH.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O PP de Monforte lamenta que, unha vez máis, “o equipo de goberno deixara en evidencia
• Consideran co Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo
• Os deputados provinciais do PSdeG abstivéronse Cos votos a favor do BNG e o PP,
• Ademais, Katy Varela denuncia o “Nulo interese de Tomé por solucionar o problema máis grave
• A Xustiza dálle novamente a razón ó Concello e denega a Construcciones y Contratas Sánchez