Dende o goberno local do Saviñao, o alcalde Joaquín González di afrontar o vindeiro ano con perspectivas de lentitude na recuperación económica e un pequeno ritmo de actividade explicado pola crise económica, pero coa prudencia da análise e de observar o arranque do novo goberno central, do que vai depender en parte o marxe de manobra co que se traballe dende os municipios, indicou. En canto á problemática de finanzamento arredor dos servizos sociais, González indica que actualmente se está a estudiar “ata onde somos capaces de chegar” na cobertura da atención a domicilio, pero ten claro que non se van poder prestar os mesmos servizos que deica este momento, no que se están a atender arredor dunhas 100 familias no municipio “tendo que facer xa un esforzo no ano 2011”, indicou o rexedor local.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O PP de Monforte lamenta que, unha vez máis, “o equipo de goberno deixara en evidencia
• Consideran co Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo
• Os deputados provinciais do PSdeG abstivéronse Cos votos a favor do BNG e o PP,
• Ademais, Katy Varela denuncia o “Nulo interese de Tomé por solucionar o problema máis grave
• A Xustiza dálle novamente a razón ó Concello e denega a Construcciones y Contratas Sánchez
Si suprimes dúas ou tres dedicacións exclusivas a cargo dos presupostos municipais igual che saen as contas . E facil : sumar e restar , pero sabemos que a tí a atención a domicilio só che vale para recadar votos . Un perigo social .