O Nadal do Comercio en Monforte

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebraba o pasado día 2 a terceira edición da Cea anual do comercio no Parador de Monforte. Ao acto asistiron unhas 200 persoas, entre as que estiveron presentes diversas autoridades locais e provinciaos. Desta volta, a asociación de comerciantes de Monforte quixo homenaxear a varios empresarios monfortinos que destacaron pola súa traxectoria na industria e no comercio local. Margarita Rodríguez Otero, fundadora de Margarita Asesores xunto con Antonio Iglesias Suárez e Rosa López Novelle, propietarios de Cafés Conti, foron as figuras protagonistas desta gala. Este evento rendeu homenaxe tamén á traxectoria persoal á fronte do Casino de Monforte de Carmen Fernández Fernández, xunto co recoñecemento especial que recibiron os propietarios de Industrial Losal, homenaxeados a titulo póstumo.

ALUMEADO DE NADAL

Na mesma data arracancaba a Campaña de Nadal impulsada polo CCU co acendido da iluminación das rúas máis comerciais da cidade do Cabe. Este ano, o colectivo de comerciantes tivo que buscar a colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Monforte, para dar luz a esta iniciativa imprescindible nunhas datas comerciais por excelencia. Deica o 7 de xaneiro, veciños e visitantes desfrutarán deste especial alumeado que ambienta a localidade.

SORTEO DE AGASALLOS POR VALOR DE 3.000 EUROS

Asimesmo, o Centro Comercial Urbano, neste contexto de crise, aposta por activar as vendas no comercio motivando aos clientes cun Sorteo dun Escaparate valorado en mais de 3.000 euros. Este escaparate está formado por agasallos cedidos polo propio comercio asociado participante e onde os clientes poderán retirar cando realicen unha compra un boleto para o sorteo. Esta campaña comezou o día 7 de decembro, e rematará co sorteo presencial o 5 de xaneiro. Terá lugar ás 20:30 horas na Rúa Cardeal (antiga Librería Mapa), onde actualmente está exposto o escaparate. Os responsables da asociación de comerciantes inciden no feito de que se trata dun sorteo no que é obrigatoria a presenza dos propietarios dos boletos para poder acceder ao premio.

UN TREN INFANTIL

Pero ademais, sabendo da importancia comercial que teñen estas datas para o comercio local, os negocios asociados repartirán entre os mais pequenos vales canxeables por viaxes no Tren Navideño patrocinado polo CCU que fará percorridos dende a rúa Cardeal (baixo o arco de iluminación CCU) pasando pola rúa Comercio, Doctor Casares, Paseo do Malecon, Rúa Hortas, Avenida de Galicia, Compañía e regreso ao punto de partida. Haberá catro percorridos ao día ás 12, 13, 18, 19 horas os días 22, 23, 30 e 31 de decembro, e os días 3 e 4 de xaneiro. Nenos e adultos poderán disfrutar deste percorrido por orde de chegada. Os comerciantes queren ser optimistas, e o presidente do CCU de Monforte, Germán Vázquez, agarda un repunte da actividade comercial nestas datas que a sitúe en cifras similares ao pasado Nadal, e obtendo especiais resultados en sectores como alimentación e os agasallos coma os xoguetes.

BALANCE DO ANO

O ano parece pecharse sen crecemento nas ventas, sen embargo, Vázquez apunta que a merma non foi tan significativa en comparación coa saída do ano 2010. Nesta liña, a directiva do CCU é optimista no que se refire ao peche de establecementos entre os asociados, xa que non se rexistrou unha tendencia deste tipo, e incluso se produciu un tímido ascenso no número de asociaciados como resposta a unha apertura na mentalidade dos empresarios que “empezan a entender que o asociacionismo é a tendencia e a vía que nos interesa”. O colectivo pecha o ano con 143 asociados, cando a primeiros de 2010 eran había unha docena menos, e 52 menos hai tres anos, cando deu inicio o traballo da actual directiva. Un grupo que despide a súa etapa, xa que presentará oficialmente a súa dimisión o 9 de xaneiro na Asemblea Ordinaria, e a partires do día 10 abrirase o prazo para a presentación de candidaturas. A data para a Asemblea Electoral será, previsiblemente, na segunda quincena do mes de febreiro. A integración do conxunto do comercio nunha asociación foi unha das principais liñas de traballo do comité dirctivo que agora se despide, encabezado por Germán Vázquez, quen salienta que nunha conxuntura tan complicada como a actual “a dinamización do comercio con pequenas actividades que provoquen que os veciños tendan a quedarse en Monforte e aposten polo pequeno comercio sen fuxir ás grandes áreas comerciais para que a actividade comercial poida subsistir”. A peatonalización de rúas, a dotación de aparcadoiros e pequenas iniciativas de dinamización son as liñas polas que ten que pasar o futuro inmediato do comercio asociado, apunta Vázquez na súa teima polo comercio de proximidade e a dinamización. A directiva saínte vaise con reivindicacións para que as administracións teña en conta nos seus orzamentos ás asociacións de comerciantes, explica o presidente do CCU, facendo un alegato polo apoio á hostalería, comercio e turismo como eixos vertebradores dunha comarca escasamente industrializada. Vázquez presta asimesmo o seu apoio a quenes tomen o relevo na directiva dos comerciantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Declarado Monumento Natural o Pregamento de Campodola-Leixazós en Quiroga

Seguinte Nova

Todo o territorio municipal de Sober, declarado Área de Rehabilitación Integral

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: