“A Xunta sí inviste en Monforte”

Raquel Arias defende as actuacións do goberno galego en resposta a Severino Rodríguez

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, detallou as actuacións que está a desenvolver a Xunta “para promover o desenvolvemento de Monforte, á que se lle adica dende o Executivo galego máis aportación económica que ningunha outra administración”, sostén.

“RECUPERACIÓN” DA URBANIZACIÓN DO PORTO SECO

Arias fixo referencia a que dende que asumiu a responsabilidade de dirixir a autonomía, o actual equipo de goberno da Xunta, “pese á difícil conxuntura económica, recuperou a responsabilidade da urbanización do porto seco que, afirmou, quedara en suspenso tralas xestións realizadas polo bipartito, e que actualmente está en marcha a primeira fase da devandita urbanización, que supón un investimento de 12,3 millóns de euros en total.

ENTRADA EN SERVIZO DUNHA PARTE DO CORREDOR SARRIA-MONFORTE PARA ESTE ANO

A delegada territorial da Xunta en Lugo tamén se referiu a estrada Sarria-Monforte, “da que se está a afrontar a última fase dos traballos e na que, este ano, entrarán en servizo parte da mesma”. En total, a realización desta obra viaria, que comunicará Monforte co centro da provincia, ao conectarse coa estrada Sarria-Nadela, supón un investimento de máis de 150 millóns de euros.

DEMANDA DA NOVA POTABILIZADORA

Por outra banda, sinalou que “foi o actual Executivo galego e non outro” o que respostou positivamente para cubrir unha vella demanda de Monforte como é a construción dunha nova Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) e a mellora da rede de abastecemento de augas con 2,5 millóns de euros comprometidos polo goberno autonómico. Raquel Arias destacou tamén o Plan de Banda Larga de Galicia, que empezou a despregarse nesta área e que suporía un investimento de arredor de 4 millóns de euros.

3 MILLÓNS EN SUBVENCIÓNS CONTRA O DESEMPREGO

Por outra banda, Raquel Arias lembrou que a Xunta suma tamén en torno a 3 millóns de euros en subvencións e liñas de axudas para promoción empresarial, programas de formación e fomento do emprego a través de plans de cooperación, cursos formativos ou cursos para persoas desempregadas. Xunto con esta inversión, Arias destacou o capítulo de actuacións no ámbito social e medioambiental, no que está incluída a mellora de camiños rurais e accesos a viñedos ou axudas a colectivos.

RÉPLICA A SEVERINO RODRÍGUEZ

A delegada territorial da Xunta lembraba esta relación de actuacións do goberno autonómico en Monforte despois de lamentar que nos pasados días “o alcalde de Monforte se teña adicado a criticar a actuación do Executivo galego na zona, cando existen probas diáfanas do empeño do Executivo galego en manter o impulso para desenvolver Monforte e toda a zona que hai ao seu arredor”. A máxima representante do Goberno autonómico na provincia entendeu que coas declaracións realizadas, ao rexedor monfortino “lle fastidia que sexa a actual Xunta a que se esté adicando a recuperar e executar aquilo que os seus compañeiros de partido estaban deixando morrer cando dirixían a comunidade como bipartito”. “Doutra maneira, non se pode entender o que se atreve a dicir”, agregou Arias.

ACUSACIÓNS “INFUNDADAS”

Para a delegada territorial “as acusacións infundadas, sen datos e sen números” do rexedor monfortino con relación á actuación do Executivo galego, só cabe entendelas como “a andanada periódica dun mal dirixente, que en lugar de gobernar, adícase a andar laiándose”. Segundo Arias, esta forma de proceder do alcalde de Monforte, “de andar con mentiras”, “é xa “habitual”, e puxo como exemplo o sucedido hai apenas dous meses coas queixas sobre os prazos para a mellora da potabilizadora dende o goberno local, cando o informe técnico ao que se aludía xa estaba no Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O porco celta promociónase en Sarria cun gran cocido

Seguinte Nova

Feijóo destaca en Pantón o fomento da calidade no sector turístico e a aposta polos xeodestinos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss