Un total de 40 familias de Sober participarán na primeira fase dunha campaña de compostaxe doméstica, recibindo para isto a formación necesaria que lles permitirá aplicar a técnica de xestión de residuos para a súa posterior utilización. O obxectivo é o de obter un compost de alta calidade e rico en nutrintes. Así mesmo, e co obxectivo de facer máis cómoda e eficaz a segregación de refugallos en orixe, o Concello distribuirá entre o vecindario 100 lotes de bolsas de cores reutilizables -amarela, azul e verde- a fin de depositar nas mesmas os envases lixeiros, o papel/cartón e o vidro.
A entrega dos composteiros tivo lugar o pasado 27 de xaneiro, e no acto participaron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o presidente de SOGAMA, Luis Lamas, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. A corporación municipal pretende garantir que a fabricación de compost se axuste ao protocolo establecido polos expertos, acadando un abono natural, rico en nutrintes, libre de axentes contaminantes e con gran poder fertilizante, que poderá ser utilizado nas propias hortas, xardíns e terras de cultivo.
Por otro lado, este tipo de iniciativas perseguen un beneficio económico para as arcas municipais, xa que os concellos pagan a Sogama por tonelada de lixo depositada no contedor verde convencional. Personal ao servizo do Concello encargarase de facer un seguimento co obxectivo de comprobar o traballo levado a cabo e resolver as dúbidas dos veciños que se animaron a implantar esta técnica ecolóxica.