A pasada fin de semana, o Club Guímaro Motor organizou a segunda edición do curso de Enduro. A zona deportiva de Os Medos foi o escenario das sesións, que comezaron cunha parte teórica e continuaron cunha fase práctica a través dun circuito de obstáculos construido para a ocasión. O monitor do curso foi o piloto pontevedrés Xacob Agra, con gran experiencia en circuitos, que participa polo equipo KTM no campionato nacional de Enduro, foi piloto oficial de Yamaha, Husqvarna e BMW no certamen nacional, e participou en diversas probas do campionato do mundo desta modalidade. A organización agradeceu a colaboración do Concello de A Pobra do Brollón ao permitir improvisar o circuito de obstáculo nesta zona.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece