Cobro anticipado do PAC polas consecuencias da seca

Dende o 2 de maio, un total de 10 entidades financeiras teñen posto a disposición dos agricultores préstamos por un importe máximo dun 90% da axuda da Política Agraria Común (PAC) de 2012, dentro do protocolo establecido pola Xunta de Galicia no plan de actuación contra a seca.

CALENDARIO DE TRAMITACIÓNS

Segundo informaron dende a Consellería de Medio Rural e do Mar, as entidades bancarias realizarán o préstamo sen comisións para os produtores e o seu tipo de xuro será dun máximo dun 6,25% nominal anual, correspondendo un 3% ao produtor e o restante á Xunta de Galicia. Os préstamos deberán formalizarse ata o 30 de xuño de 2012, data incluída. A Consellería do Medio Rural e do Mar ingresará o importe das axudas do pagamento único a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) a partir do 1 de decembro de 2012 ou antes se así o autoriza a Unión Europea, unha vez comprobado o cumprimento dos condicionantes establecidos pola normativa de cada axuda. Para o seguimento e interpretación deste convenio tense creado unha comisión integrada polos asinantes ou persoas nas que deleguen.

BENEFICIARIOS

 Os titulares de explotacións agrarias interesados en recibir a bonificación do 3,25% dos xuros dos préstamos que subscriban coas entidades colaboradoras poderán facer a solicitude ao abeiro da orde publicada no Diario Oficial de Galicia o 27 de abril. Nesta orde figura o impreso de solicitude de axuda e os requisitos e indicacións para a súa tramitación.

PROTOCOLO CONTRA A SECA

Esta medida forma parte do protocolo establecido pola Xunta de Galicia para paliar as consecuencias da seca, a través da habilitación de accións específicas para garantir o abastecemento de auga á poboación, e da avaliación das consecuencias sobre os sectores produtivos, centrándose en particular no forestal, marítimo-pesqueiro, acuícola e agrogandeiro. En relación con este sector, o protocolo inclúe a priorización dos pagos pendentes para o ano 2012, e propón outras accións, como a redución de módulos do IRPF no sector ou a desgravación de compras de alimentos concentrados e forraxes. Incorpóranse tamén medidas de fomento da contratación de seguros agrarios, e o seguimento e coordinación de axudas co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CIM de Sarria xa ofrece o servizo de teletradución para inmigrantes

Seguinte Nova

A figura de Valentín Paz-Andrade imprime na escola o seu espíritu laborioso e a prol da lingua

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: