Máis afiliacións á Seguridade Social vinculadas ó turismo

O número de afiliacións á Seguridade Social en actividades relacionadas co turismo acadou en maio un total de 69.117, das cales 43.189 corresponden ó réxime xeral e 24.928 ó réxime de autónomos, e que en conxunto representan o 7,36% do total de afiliacións en Galicia. Segundo informaron os responsables autonómicos, a variación do número de afiliacións supón unha suba do 0,92% respecto a abril, o que indica un total de 630 afiliacións máis en actividades turísticas respecto do mes anterior.

MAIOR PORCENTAXE EN SERVIZOS DE COMIDAS E BEBIDAS

Por ramas de actividade, amosa un maior peso a de servizos de comidas e bebidas, con 58.943 persoas, que significa un 85,28% do total de afiliacións en actividades turísticas. Na actividade de servizos de aloxamento rexistráronse 8.546 afiliacións (un 12,36% do total), e en actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes foron 1.628 afiliacións (un 2,36% do total de turismo). Por comunidades autónomas, Galicia está lonxe do 24,09% rexistrado en Baleares, pero o seu 7,36% de afiliacións en turismo está preto dos datos de comunidades como Madrid (7%).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Constituido o novo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Natación, xogos, teatro e excursións para o verán de Pantón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss