Curso de prevención de riscos laborais no eido vitivinícola en Sober

Sober acollerá un curso básico de prevención de riscos laborais para a actividade vitivinícola, destinado a persoas desempregadas e ocupadas vinculadas co sector do cultivo e produción de viño. As sesións formativas, de carácter presencial, desenvolveranse no Centro Sociocultural de Sober do 27 de setembro ao 5 de outubro, en horario de tarde.

REPARTO DAS PRAZAS DE DESEMPREGADOS E TRABALLADORES

O curso, cun total de 30 horas lectivas, ofrece 35 prazas, das que 30 están destinadas a persoas desempregadas que serán seleccionadas a través da Oficina de Emprego de Monforte de Lemos, mentres que as cinco prazas restantes poderán ser ocupadas por persoas que traballen na actividade agraria. A presentación de solicitudes remata o 21 de setembro ás 14 horas. As solicitudes poderán enviarse por correo electrónico ao enderezo desenvolvementorural.issga@xunta.es, ou no fax 982 240 769. Para máis información, poden dirixirse ao teléfono 982 243 071, ou na web www.issga.es.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IPC mensual de agosto rexistrou en Lugo un incremento de dúas décimas máis que no resto das provincias galegas

Seguinte Nova

Unións Agrarias denuncia graves danos en cultivos, prados e viñedos no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss