Sober aposta pola reciclaxe

•A carpa formativa de Medio Ambiente recalou en Sober dentro do seu circuíto por 13 concellos galegos
•O obxectivo é diminuír o volume de residuos impropios a través da reciclaxe, para que os concellos reduzan gastos por xestión do lixo e acaden bonificacións

Na carpa formativa sobre a reciclaxe que Medio Ambiente leva aos concellos galegos realízanse actividades para toda a poboación, con especial atención aos escolares. GPS.

A comezos de outubro, a capitalidade soberina acolleu a carpa formativa que baixo o lema “Separemos ben, reciclaremos mellor”, está a percorrer 13 concellos galegos ao longo deste mes. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e o Sistema Integrado de Xestión Ecoembes ten como obxectivo proseguir na tarefa informativa e formativa para reducir a porcentaxe de residuos impropios nos contedores de cor amarela, é dicir, reducir a presencia nestes depósitos de todo o que non sexa envases de plástico, latas e briks. Esta campaña estase a realizar nos concellos seleccionados que presenten unha porcentaxe de entre o 30 e o 40 por cento de residuos impropios, que no caso de Sober atópase no 33%.
Esta carpa de concienciación en reciclaxe integra unha aula didáctica na que un monitor especializado imparte unha sesión teórica, seguida dunha clase práctica e un exame posterior no que os visitantes poden dar conta dos coñecementos adquiridos.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, animou á cidadanía a facer unha correcta separación dos residuos e conseguir un municipio “máis limpo e mellor coidado”.

BONIFICACIÓNS E MENOS CUSTES MUNICIPAIS
Segundo informaron os organizadores, esta iniciativa acollerá finalmente un total de 67 concellos con niveis de impropios situados entre o 31 e o 40 por cento, unha porcentaxe que estiman elevada, e que limita acadar os beneficios ambientais e económicos que a reciclaxe trae consigo. Así, o uso adecuado do contenedor amarelo suporía unha diminución na cantidade de residuos enviados aos centros recicladores, e un aumento da súa calidade ao ir separados de residuos doutra natureza. Se os concellos consiguen reducir a porcentaxe de residuos impropios por debaixo do 30%, poderán beneficiarse das bonificacións e vantaxes que conleva a rúbrica do Convenio de colaboración que se asine entre as administracións locais e Ecoembes, a través de axudas económicas directas se os datos son positivos.
Por outra banda, o feito de separar adecuadamente o lixo dende o fogar implica ademais unha redución do lixo entregado a Sogama a través do contenedor verde convencional. En termos económicos, isto supón unha rebaixa do importe da factura que os concellos deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento do lixo en masa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada forma a emprendedores dende a escola

Seguinte Nova

Emoción en el derby comarcal

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: