Entrega de chaves de cinco vivendas de promoción pública no centro de Monforte

No edificio do antigo Hotel Comercio

O edificio, rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo, dispón de oito vivendas, unha xa adxudicada, e outras dúas libres por renuncia tralo sorteo

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nun momento da entrega das chaves ós novos alugueiros de cinco das vivendas situadas no antigo Hotel Comercio de Monforte.O acto contou coa presencia da concelleira de Benestar Social, Pilar López, e do concelleiro socialista José Tomé, entre outros. GPDT.

O pasado 21 de maio tivo lugar a entrega de chaves de cinco vivendas de promoción pública situadas no edificio do antiguo Hotel Comercio, no centro de Monforte. No sorteo previo, realizado semanas antes, foron adxudicadas un total de sete inmobles, aínda que posteriormente se rexistraron dúas renuncias. O prezo que os novos alugueiros pagarán polos inmobles adxudicados oscila entre 98 e 205 euros mensuais por vivenda, en función da superficie das mesmas e dos ingresos acreditados. A superficie útil está entre os 40 e os 89 metros cadrados.

REHABILITACIÓN PARA VIVENDA PÚBLICA

O edificio do antigo Hotel Comercio foi rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para adicalo a vivendas de promoción pública para menores de 35 anos en réxime de aluguer. O edificio aloxa un total de oito vivendas, das que unha xa fora adxudicada, e as dúas vacantes por renuncia deberán ser adxudicadas de novo. Ao tratarse de vivendas rehabilitadas nun núcleo histórico, destínanse ao alugueiro por persoas menores de 35 anos, con ingresos entre una e 2,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples e que residan ou traballen no concello onde se atopan as vivendas, así como emigrantes que desexen retornar a Galicia despois de residir fóra polo menos cinco anos. Da rehabilitación deste emblemático edificio resultaron tres vivendas dun dormitorio, catro vivendas de dous dormitorios e unha vivenda de tres dormitorios. Ademais, conta cun local comercial de máis de 120 metros cadrados.

MÁIS DE 600 VIVENDAS NA PROVINCIA

Durante a entrega das chaves, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou “o compromiso da Xunta coa promoción da vivenda pública”, xa que nos últimos catro anos adxudicáronse preto de 600 vivendas destas características na nosa provincia. Arias insistiu en que “o Goberno galego ten en conta a necesidade de apoiar aos cidadáns para o aluguer ou adquisición de vivenda, máis aínda nun momento como o actual”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 28 de maio celebrouse o Día do Emprendedor

Seguinte Nova

Actividades para todas as idades en Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio