Preto de 6.000 persoas visitaron a V Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria

Presentaron a Guía Virtual do Camiño Francés a Santiago, e a visita virtual en 360º a esta mostra

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A quinta edición da mostra Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño está a contar cunha gran aceptación. Dende a súa apertura o pasado 2 de maio, a mostra instalada no edificio do Antigo Cárcere foi visitada por preto de 6.000 persoas. “Aínda que hai menos venda que outros anos, temos moitos máis visitantes, que ademais amosan moito interés polos traballos presentados, e isto fai que os artesáns e artistas estén satisfeitos pola atención que se lles mostra ó seu traballo”, explica Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Francés na Comarca de Sarria, colectivo organizador desta exposición.
A mostra recibiu visitas de grupos de escolares, e tamén de representantes institucionais. O pasado 4 de xuño, o presidente da Mancomunidade de Municipio do Camiño Francés e alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, visitou a exposición acompañado do concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco López. Durante esta visita, conversaron con diversos artesáns, que explicaron as características dos seus traballos, e asistiron á presentación da Guía Virtual do Camiño Francés a Santiago e da visita virtual en 360º a esta exposición, realizada pola empresa lucense Gusuguito.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

41 CENTROS EDUCATIVOS LUCENSES BENEFICIÁRONSE DOS ARRANXOS EXECUTADOS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Seguinte Nova

PRESENTÁRONSE CINCO OFERTAS PARA AS OBRAS DE MELLORA DAS ESTACIÓNS DE AUTOBUSES DE SARRIA, VIVEIRO, MONDOÑEDO, VILALBA E RIBADEO

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: