• Dende a Concellería de Benestar Social de Monforte informaron de que está aberto ata o 15 de novembro o prazo para solicitar algunha das 120 prazas que o programa Xuntos polo Nadal ofrece para as provincias de Lugo e Pontevedra. Este programa, impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar, vai dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan nunha situación de soidade, ben pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos e fillas. O programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro, con aloxamento en habitacións compartida e pensión completa na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño.
Os beneficiarios do programa Xuntos polo Nadal deberán ser maiores de 60 anos, estar empadroados en Galicia, valerse por sí mesmos, non estar acollido en ningún centro residencial, e ter que pasar o Nadal sen compañía. Ademais, os beneficiarios non poderán padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia. Darase preferencia ás persoas con máis idade, menos recursos económicos, ou que non tiveran disfrutado este ano de ningún programa social.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Sober vén de aprobar o orzamento para 2023 no que prima o gasto
Catro bens de interese cultural (BIC) de Quiroga serán dixitalizados pola Xunta de Galicia formando parte
A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José
Con moita afluencia de xente están a transcurrir os mercados de Nadal que se están a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez, dentro