Investimento provincial de preto de medio millón de euros en estradas do sur lucense

Son obras solicitadas polos veciños nos Orzamentos Participativos

• A Deputación de Lugo vén de aprobar obras por valor de 459.497 euros en estradas do sur de Lugo. No municipio de O Saviñao, as obras realizaranse na LU-P-4102 «de Ferreira a Currelos, nos puntos quilométricos 12,154 ao 14,467, cun investimento de 177.349 euros. No Concello de Sober, os traballos de mellora desenvolveranse na LU-P-5904 «de Sober, por Gundivós, a Vilacha, nos puntos quilométricos 1,350 ao 5,500, cun orzamento de 218.483 euros.

Por último, nas estradas LU-P-1809 de Chantada a Antas de Ulla, na LU-P-0301 de Antas de Ulla a Rodeiro, e na LU-P-0302 de Antas de Ulla, por Santa Mariña, a Borraxeiros, realizaranse obras por 63.665 euros. As melloras consistirán en arranxos do firme con aglomerado en quente, e tamén se mellorará a sinalización.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A DEPUTACIÓN AMPLIOU AS AXUDAS AOS PRODUTORES DE LEITE

Seguinte Nova

Chantada, unha das tres vilas lucenses que participan no proxecto Localidade de dinamización local

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss