
•Os días 12 e 13 de xuño disputous nas instalacións de golf de Augas Santas unha das dez probas que integran o VIII Circuíto Cenor Camiño de Santiago.
GAÑADORES DA PRIMEIRA E SEGUNDA CATEGORÍAS
A competición, que se disputou baixo a modalidade parellas copa Canadá stableford handicap, tivo como vencedores da primeira categoría aos sarriáns Rafael Castellano e Higinio López, con 69 puntos. En segundo lugar quedaron os ourensáns Antonio Otero e Ramiro Pérez, coa mesma puntuación.
Na segunda categoría, o triunfo na proba deste circuíto foi para os locais, Chelís Varela e Manuel Fernández, con 67 puntos, mentres que a segunda posición correspondeu á parella integrada por Jesús Ares e Antonio Álvarez, que completou a proba con 66 puntos.
PREMIOS ÁS MELLORES MARCAS INDIVIDUAIS
En premios individuais, Isabel Fernández acadou o galardón ao mellor xogador senior, mentres que Aida Menéndez logrou a mellor tarxeta individual feminina. Na modalidade masculina, este premio foi para Manuel Vázquez.
Pola súa banda, o mellor drive masculino correspondeu a Manuel Sánchez, o feminino a Fátima Franjo, e o mellor aproach benéfico foi para Javier González.
PRÓXIMAS CITAS COA COMPETICIÓN EN PANTÓN
O campo de golf de Augas Santas seguirá cun intenso programa de torneos no verán. Os días 30 de xuño e 1 de xullo disputarase o Gran Premio Abadía da Cova Ruta do Viño 2015, para continuar o día 4 de xullo co Open de Galicia 2015. O domingo día 5 terá lugar o Campionato Individual Feminino de Galicia para maiores de 35 anos e senior.•