•O alcalde, o socialista Darío Piñeiro, destacou que «será un plan participativo», acordado cos pedáneos e veciños das 26 parroquias do municipio
• A finais de agosto, o Goberno local de Láncara aprobou en Xunta de Goberno un plan de impulso do rural, dotado con 120.000 euros, que se destinarán a melloras nas 26 parroquias do municipio. Este plan, que terá un prazo de execución de catro anos, será sometido a votación no vindeiro Pleno.
ARRANXOS E LIMPEZA DAS VÍAS MUNICIPAIS, E SUXERENCIAS DOS VECIÑOS, TAMÉN PARA O PXOM
Según destacou o alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, esta plan será «participativo, xa que manteremos unha reunión conxunta cos pedáneos dos 26 núcleos rurais, e faremos visitas a cada unha das parroquias para facer o mesmo cos veciños, para coñecer as súas necesidades e darlles solución». Ademais das propostas que acheguen pedáneos e veciños, o plan incluirá melloras nas vías de titularidade municipal, como limpeza de cunetas, arranxo de camiños e traballos de roza.
Piñeiro suliñou que aproveitará as visitas ás parroquias para tratar cos veciños o tema do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde destacou o interese do Executivo socialista por coñecer de primeira man as preocupacións veciñais e, según os datos obtidos, estudar posibles modificacións.•