Critican que o PP se opoña a extender o Bacharelato Internacional a Lugo e Ourense

• O portavoz de Educación do grupo socialista no Parlamento galego, Vicente Docasar, lamentou o «veto do PP» a extender a modalidade de Bacharelato Internacional ás provincias de Lugo e Ourense.

A Comisión de Educación da Cámara galega debatiu a mediados deste mes unha proposición non de lei presentada polo socialista, na que reclamaba a extensión do modelo de Bacharelato Internacional a distintas zonas e centros de Galicia, para facilitar a súa accesibilidade en igualdade de oportunidades ao alumnado das catro provincias. Esta modalidade só se imparte no IES Rosalía de Castro de Santiago e Do Castro en Vigo, e nos centros privados Obradoiro e Marcote. Docasar entende que, con esta situación, o alumnado das provincias de Lugo e Ourense non teñen ningunha posibilidade de acceder a este ensino. O socialista reclamou unha distribución «xusta e racional nas catro provincias galegas», e que poida chegar «por igual ao alumnado das cidades grandes e medianas».

Docasar esixiu «medidas máis ambiciosas» para impulsar o ensino en idiomas e «facilitar ao alumnado de familias medias e humildes estadías en países estranxeiros nas vacacións».

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezou o curso escolar cun incremento no alumnado de Infantil e Primaria na nosa provincia

Seguinte Nova

Aprobada unha modificación do PXOM de Sarria para regularizar a área industrial de Betote

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss