Monforte estréase na Comisión executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Gloria Prada forma parte da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación. GPCM
Gloria Prada forma parte da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación. GPCM

• A comezos de outubro, a Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade a renovación da Comisión Executiva. Gloria Prada, concelleira de Servizos Sociais de Monforte, é un dos membros desta nova Comisión, que terá unha permanencia de catro anos.

A CRISE DOS REFUXIADOS, UN RETO PARA ESTA COMISIÓN

A concelleira monfortina destacou que «este tipo de foros serven como punto de encontro para dar a coñecer o traballo que se está realizando en Galicia». Prada destacou que un dos retos que se plantea a Comisión é a xestión da crise dos refuxiados sirios. «Esta é unha época moi complicada e os concellos debemos traballar xuntos para dar a mellor resposta», suliñou Prada, que augura «uns anos de moito traballo» para esta Comisión.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade está integrado po 85 concellos e as Deputacións de A Coruña e Lugo, que teñen como obxectivo común levar adiante iniciativas solidarias e de cooperación con países máis desfavorecidos. Dende a súa fundación en 1997, o Fondo leva executados máis de 140 proxectos en 20 países.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Críticas pola denegación da Xunta dun obradoiro de emprego para o Concello de Monforte

Seguinte Nova

O Master Terra pon en valor a Estación Científica do Courel cuhna xornada de convivencia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: