Críticas pola denegación da Xunta dun obradoiro de emprego para o Concello de Monforte

• A comezos de outubro, o Concello de Monforte recibiu a resolución definitiva da Xunta do recurso presentado en xullo contra a denegación da axuda para poñer en marcha o obradoiro de emprego solicitado o pasado mes de febreiro.

O OBRADOIRO OFERTABA 28 PRAZAS PARA DESEMPREGADOS, E CONCEDÍA CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE

O proxecto presentado para este obradoiro, denominado «Rutas verdes no casco histórico de Monforte», tiña como obxectivo potenciar o conxunto histórico da cidade mediante a mellora das zonas verdes da contorna do Parque da Compañía. Ademais, o proxecto incluía diversas actuacións medioambientais pola beira do río Cabe, e outras accións de revalorización dos restos arqueolóxicos descubertos na ladeira do monte de San Vicente. A previsión de emprego era de 28 prazas destinadas a persoas en paro da cidade, que se encargarían de realizar os correspondentes traballos ao tempo que recibían formación na modalidade específica. Asimesmo, ao remate do obradoiro, os participantes recibirían o certificado de profesionalidade, que lles permitiría mellorar as súas opción de atopar traballo.

Según informaron dende o Concello, a Consellería de Traballo rexeitou este proxecto por unha diferencia de 0,25 puntos, ao establecer para a provincia de Lugo unha puntuación mínima de 32,25, e valorar o proxecto presentado por Monforte en 32 puntos. O alcalde lamentou este rexeitamento, xa que «por esta curta diferencia non se poderá poñer en marcha o obradoiro». José Tomé apuntou a «criterios moi subxectivos» por parte da Consellería para valorar os proxectos, como o carácter innovador ou as expectativas de emprego que puidera ter. O alcalde comparou a valoración da Xunta coa dos técnicos municipais, que daban ao proxecto unha «nota razoable» de 39 puntos.

«Non é normal que, ano tras ano, se rexeiten de xeito sistemático as propostas de emprego da segunda cidade máis importante da provincia», lamentou Tomé, que espera que «as cousas cambien a partir de agora».

Dende a oposición, Espertamonforte! pronunciouse sobre este tema, suliñando que «a cor política non debe ser presentada como posible criterio de valoración» deste tipo de iniciativas, e esixiron á Xunta que estableza criterios «totalmente obxectivos» nas bases reguladoras. Asimesmo, dende esta formación política alentaron ao equipo municipal «para que siga traballando nas pesquisas necesarias e recurrindo para asegurar a fiabilidade dos procedementos».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Club Lemos y Sarriana disputarán un nuevo derbi en A Pinguela

Seguinte Nova

Monforte estréase na Comisión executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss