Seguemento profesional de dous proxectos de compostaxe en parroquias de Monforte

•O pasado día 6, unha educadora ambiental de ADEGA visitou Monforte para facer seguemento de dous proxectos de compostaxe doméstica, que desenvolven dende o mes de marzo veciños das parroquias de Rioseco e A Pinguela. No primeiro caso, a educadora verificou o estado dos composteiros individuais que teñen as dez vivendas que participan neste proxecto de compostaxe. No caso de A Pinguela, tratouse da comprobación do proceso que se realiza no composteiro comunitario. Nesta terceira visita, os veciños tiveron a ocasión de plantear á educadora todas as dúbidas xurdidas durante o proceso de compostaxe.

Según lembraron dende o Concello de Monforte, o proxecto de compostaxe doméstica busca reducir e prever a xeración de residuos, xa que a fracción orgánica procedente dos restos de alimentos dos fogares supón case a metade do contido da bolsa de lixo. Deste xeito, redúcese o volume de residuos que hai que tratar, e obtense un produto aproveitable para a fertilización da terra e dos cultivos domésticos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza o proceso para a elección de pedáneos en Monforte

Seguinte Nova

Novidades no eido educativo para este curso

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: