Alcaldes do Camiño reuniranse para falar sobre as axudas á rehabilitación de vivendas

• O venres 29 terá lugar en Palas de Rei a xuntanza de alcaldes dos municipios polos que pasan os Camiños Francés e Primitivo, na que será a primeira reunión informativa sobre as axudas á rehabilitación do programa Vivendas no Camiño.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director do Instituto Galego da Vivenda e o Solo, Heriberto García, achegarán os detalles destas subvencións, así como os procedementos de solicitude, aos alcaldes dos concellos destas rutas, entre os que están Sarria, Triacastela, Samos e Paradela.

3,2 MILLÓNS DE EUROS PARA REHABILITAR VIVENDAS NOS CONCELLOS DOS CAMIÑOS FRANCÉS E PRIMITIVO

O programa Vivendas no Camiño conta neste ano cun orzamento nas Contas da Xunta dun total de 3,2 millóns de euros, para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas situadas na área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago.

A Xunta considera este programa como «un novo impulso na posta en valor destas vilas e cidades galegas, que se atopan nesta contorna privilexiada», ao tempo que contribúe a xerar emprego, fixar poboación e mellora a calidade de vida da veciñanza.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Neka afronta a tempada con intensos adestramentos cara a primeira cita de competición

Seguinte Nova

O Concello de Monforte sumarase ás reivindicacións da Plataforma en Defensa do Ferrocarril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss